OurenseXa
A Deputación de Ourense convoca axudas destinadas á prevención de incendios forestais e ao apoio do sector agrogandeiro
Convócanse axudas de ata 10.000 euros por beneficiario para a xestión de plásticos agrícolas e a compra de maquinaria orientada a reducir o risco de incendios forestais, cun prazo de solicitude que remata o 25 de setembro
A Deputación de Ourense reparte preto de 1,5 millóns de euros entre concellos e entidades do tecido asociativo
A institución provincial aproba 47 acordos que combinan axudas para actuacións municipais con apoios a colectivos sociais, culturais, deportivos e de promoción turística do territorio
Avanzan os traballos de renovación do firme e das beirarrúas na rúa Bispo Lourenzo de Ourense
Os traballos enmárcanse nun plan de mellora de trece travesías urbanas de titularidade autonómica, cun investimento conxunto superior aos 2,8 millóns de euros
Barbadás retoma a súa cita comercial mensual coa Feira do 2 na Valenzá
O Paseo dos Amieiros acolle este mércores a primeira edición do mercado tras o verán, cunha variada oferta de postos e a tradicional pulpeira
Avante Ourense reclama investigar a contratación dun avogado externo por parte do Concello
A formación pide aclarar o pagamento de case 18.000 euros a un letrado externo malia existir servizos xurídicos municipais, e leva o asunto ante os organismos de control
A Escola de Música Tradicional de Baños de Molgas abre as inscricións para o novo curso
As clases comezan o 3 de outubro cunha ampla oferta de instrumentos tradicionais galegos
O PP de Ourense reclama un plan integral de finalización e transparencia para as obras da Avenida de Portugal
O grupo municipal popular levará ao pleno de setembro unha iniciativa para esixir un informe completo, un calendario de execución e medidas de apoio ao comercio afectado por unhas obras que xa superan o ano de atraso
O Concello de Ourense impulsa unha modificación orzamentaria de 11,4 millóns de euros
Trátase dun axuste destinado a regularizar o pagamento de facturas e servizos xa prestados que quedaban pendentes de aplicación nas contas municipais
Investiranse en Cenlle preto de 580.000 euros en renovar o abastecemento e saneamento de auga na parroquia de Laias
A actuación substituirá tubaxes obsoletas de abastecemento e ampliará máis de 400 metros de rede de saneamento, beneficiando a preto de 200 veciños e reducindo vertidos e perdas de auga
O Concello de O Carballiño impulsa unha nova edición de descontos para tratamentos termais
A iniciativa municipal ofrece rebaixas do 50 % en tres circuítos termais para fomentar o benestar físico e psíquico da veciñanza
Esgos reunirá o 13 de setembro a cinco comparsas tradicionais do entroido ourensán
Cinco agrupacións de máscaras e personaxes tradicionais do entroido daranse cita na Praza da Souteira para compartir os seus desfiles e costumes
Mercedes Peón chega este xoves a Barbadás co seu espectáculo 'Deixaas'
O concerto, integrado no Verán Cultural do Concello, terá lugar ás 21.00 horas no Parque dos Patos da Valenzá
Cea abre mañá as portas ao pirogravado do "Xiada"
O Edificio Multiusos acolle a partir deste martes a mostra 'Xubilado, non te quedes parado', con pezas en madeira inspiradas en Cea e Gandía
O proxecto Re-Habita Rural Lab tramita xa máis de 300 solicitudes para impulsar a rehabilitación de vivendas no rural ourensán
O programa, no que participan nove concellos de Ourense, atendeu presencialmente o 80 % das consultas e ofrece asesoramento sobre as axudas dispoñibles
Urxencias con media plantilla: o pulso silencioso da sanidade ourensá
O Sergas convoca 25 prazas para reforzar as Urxencias do CHUO tras meses de tensión cos coordinadores do servizo, pero a solución definitiva non chegará antes de 2027
O Verán Cultural de Seixalbo chega á súa recta final con actividades durante o mes de setembro
A programación, iniciada no mes de xuño, rematará o 27 de setembro cun concerto de clausura na Igrexa de San Breixo
Eventos
Vilariño da Veiga celebra as festas en honra á Virxe do Carme do 4 ao 6 de setembro
A localidade, pertencente ao Concello de Xunqueira de Ambía, prepara tres xornadas con verbenas, actividades para os máis pequenos, misa solemne e actuacións musicais
Máis de 100 deportistas participan na quinta regata provincial de piragüismo no encoro de San Martiño
O Piragüismo Ourense impúxose na clasificación xeral por clubs desta proba da Liga Ourensá-Copa Deputación de Ourense 2026
Ribadavia vive con éxito a primeira xornada da Festa da Istoria, que continúa este sábado cunha intensa programación medieval
Cabaleiros, pandereteiras e tabaleiros tomaron as rúas na primeira xornada dunha celebración que este sábado 29 de agosto recupera o ambiente da Idade Media con desfiles, espectáculos, recreacións e actividades para todos os públicos
O encoro de Cachamuiña pecha a tempada cunha elevada participación nas súas actividades de verán
A programación desenvolvida durante dous meses reuniu 478 asistentes e contou con 58 persoas inscritas
A Asociación de Mulleres Rurais Ecos de Moura busca voces para crear unha nova Coral de Nadal
A iniciativa estará dirixida polo cantante Popy Domínguez e percorrerá en decembro diferentes pobos e aldeas do municipio
O Carballiño investirá preto dun millón de euros na ampliación do complexo deportivo da Uceira e na reforma do pavillón
As dúas actuacións buscan adaptar as instalacións ao aumento de deportistas e público, con obras no campo de fútbol, o graderío, a iluminación e os vestiarios
O pavillón Paco Chao do Carballiño será sede dun torneo de tenis de mesa aberto a todas as idades e niveis
A cita deportiva celebrarase o vindeiro 11 de setembro con actividades pensadas para pequenos e maiores










