OurenseXa
Ourense reúne máis dun centenar de mozos loitadores na 16ª Copa Deputación de Loitas Olímpicas
O pavillón municipal de Oira acolleu unha xornada de competición por equipos mixtos nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín, coa participación de oito clubs galegos
Samuel Moreno, cociñeiro de Nogueira de Ramuín, gaña o V Campionato de Tapas e Pinchos de Galicia
O certame, celebrado en Esgos, no mosteiro de San Pedro de Rocas, reuniu a 45 profesionais da hostalaría das catro provincias galegas ao longo de dúas xornadas de competición
Leiro propón unha nova captación no río Avia para reforzar o abastecemento de auga
O proxecto, que incluiría unha estación de bombeo e unha condución ata a planta potabilizadora, será analizado tecnicamente para valorar a súa viabilidade e posible financiamento
Avión súmase ás melloras de seguridade viaria na PO-235 ao seu paso pola Lama
A actuación busca reforzar a seguridade viaria e as comunicacións na zona, cun impacto directo en núcleos próximos como Hedreira, Acebedo e Rubillón. Ademais, abordouse o estado das obras da OU-212 entre Liñares e Beariz
Dous edificios do casco histórico de Ourense sumarán seis vivendas públicas en alugueiro accesible
As obras, enmarcadas no programa Rexurbe, supoñen un investimento conxunto de 1,9 millóns de euros e prevese que rematen en 2027
O BNG reivindica en Ourense o cumprimento dos seus compromisos de cara ás eleccións do 29N
Representantes da formación nacionalista defenderon nun encontro informativo a necesidade de reforzar a súa presenza institucional para incrementar a capacidade de presión a favor dos intereses galegos
Ourense recibirá unha sesión para a expedición de certificados dixitais o 6 de novembro
A cita, con inscrición previa, está dirixida a toda a cidadanía, aínda que presta especial atención ás persoas estranxeiras inmersas no proceso extraordinario de regularización
Melón celebrará a Festa da Bica Barcia cunha cea popular, música e sorteos o 24 de outubro
O evento incluirá unha cea a base de empanada, carne ó caldeiro e bica de millo branco, animada coa actuación do DJ HH e varios sorteos
Celanova celebra o 24 de outubro unha xornada de teatro e literatura sobre o Camiño de Santiago
A cita inclúe unha visita teatralizada polo barrio da Ermida e a presentación dunha saga de novelas ambientadas no Camiño, coa participación do seu autor
Esgos celebrará o seu magosto o 8 de novembro con actuación musical na Praza da Souteira
O Concello organiza a xornada festiva coa venda anticipada de entradas en bares, tendas e oficinas municipais ata principios de mes
O Carballiño entregará o premio 'O Corcheiro' ás Escolas Semente polo seu labor a prol do galego
A localidade acollerá o vindeiro sábado unha gala con actuación musical, aberta á participación veciñal
Adxudicado por máis de 2,1 millóns de euros o subministro de implantes de columna para os hospitais de Ourense, Verín e O Barco
O contrato, repartido en 19 lotes, contempla a compra de máis de 7.700 unidades entre conectores, barras e mallas destinadas a intervencións cirúrxicas de columna na área sanitaria ourensá
Fernando Sotelo será o candidato do PP á alcaldía de Coles
A formación presenta un proxecto que combina renovación e experiencia, coa incorporación de novos afiliados e a implicación de xente moza no municipio ourensán
David Alvarado analiza en Ourense a crise de Ceuta e as relacións entre España e Marrocos o martes
O Centro Cultural Marcos Valcárcel acollerá ás 19.00 horas unha conferencia centrada na complexidade do vínculo diplomático entre ambos os países
San Cibrao das Viñas acollerá unha xornada de oficios tradicionais centrada en marmeladas e cosmética natural
A actividade, que terá lugar o 25 de outubro, busca fomentar o intercambio de coñecementos entre xeracións arredor dos recursos locais e a sustentabilidade
Ourense xa quenta motores para a súa primeira noite de 'Queen is Back'
O Auditorio Municipal acollerá este sábado unha gala de máis de dúas horas e media cos grandes éxitos da banda británica
Eventos
Alejandro Destar Liste foi elixido por unanimidade delegado provincial das Xuventudes Socialistas de Ourense
O Congreso Provincial avala co 100 % dos votos a continuidade do seu proxecto e aproba por unanimidade a lista de representantes da organización ao Comité Provincial do PSdeG-PSOE
O festival itinerante 'UFF! Urban Femme Fest' fará parada en Ourense o 7 de novembro
A cita, dedicada ao talento urbano feminino, recalará no Auriense Café Cultural con tres artistas no escenario, un día despois de iniciar o seu percorrido en Santiago de Compostela
Ribadavia acolleu unha formación sobre o tecido artesanal con gancho dentro do proxecto Vilas Vivas
Aberto desde o pasado mes de marzo, este espazo alberga tamén unha tenda de produtos amparados pola marca Artesanía de Galicia e o obradoiro do lutier Xosé Catoira, especializado na construción de violíns e violonchelos
GaliciaXa
O proxecto de dinamización lingüística de Mariña Lema Blanco, gaña o primeiro premio dos Educacompostela 2026
O segundo premio foi para 'Migrantes: cartas, relatos e entrevistas', de María Isabel González Piñeiro, do IESP Rafael Dieste da Coruña
Avante Ourense critica a falta de unidade da esquerda e decidirá en novembro se concorre ás municipais
Diéguez avanzou que o seu voto particular será favorable a concorrer ás eleccións, ao considerar que Ourense precisa unha alternativa política propia, con propostas concretas e autonomía
Martín Gil, elixido novo presidente de Novas Xeracións do PP de Ourense co 98,5 % dos votos
O IX Congreso Provincial da organización xuvenil reuniu máis de 200 mozos e serviu para presentar unha nova etapa centrada en ampliar a base social e achegar a política á mocidade
GaliciaXa
Educación recoñece a excelencia de 20 estudantes cos premios extraordinarios de Bacharelato
A Xunta pon así en valor o traballo e esforzo do alumnado que mellores cualificacións acada ao remate desta etapa e mellores puntuacións obtén na proba específica para outorgar estes galardóns










